domingo, 28 de diciembre de 2008

Encuesta

Hola amigos, rematou a primeira encuesta que fixemos neste blog, e gañou unha marcha que todos queremos especialmente: "Marcha Ciclista Riberas del Eo" con catro votos, despois quedaron preto dela as marchas de Ferrol e O Barco con tres votos cada unha.


Este resultado afonda mais na nosa pena e sospeita de que a citada marcha non se celebre no 2009, dende aquí esperamos que iso non suceda, pero si ten que ser así, que sexa solo un paréntesis na súa celebración anual.

Deixamos unhas fotos destes últimos anos, para que a beleza das paisaxes transitadas nela non esmorezan.


lunes, 22 de diciembre de 2008

Renovación de Licencias Federativas

Moi boas Xente!!!!!

Como ben sabedes o ano esta a punto de rematar e con el a vixencia de licencia actual.

Case todos os anos retrasamos ata o mes de febreiro a renovación de dito documento, asi que por primeira vez este ano haber si xa temos licencia no mes de xaneiro.

Pois nada mais, pasade canto antes por xunto de Chuspi a firmar.

Un saudo e Feliz Navidad.

P.D: Aver si nos xuntamos esta navidade para sair rular polo monte na MTB