miércoles, 27 de agosto de 2008

Marcha Cicloturista Riberas del Eo 2008

Queremos recordar un dos momentos mais importantes da tempada ciclista do noso clube, a disputa da Marcha Cicloturista Riberas de Eo, momento para o cal sempre nos preparamos a conciencia, este ano non foi unha excepción, e os nosos ciclistas fixerono moi ben, ainda que xa temos recordado glorias maiores, ademais conseguimos ser o clube mais numeroso da marcha.

De seguido algunas fotos que non teñen desperdicio, momentos de agonía, sufrimento, desazón, gloria e desgracia. Kilómetros de asfalto roído polo Clube Ciclista Meira.














E recorda, o Clube Ciclista Meira sempre está en cabeza de pelotón... ou case sempre.

viernes, 22 de agosto de 2008

Viaxe a Volta a España

Co motivo da celebración da crono escalada de Navacerrada decidimos organizar un viaxe para poder desfrutar do ciclismo en directo.
Esta etapa correrana o sabado 20 de setembro, polo que a nosa idea e de marchar un par de dias antes para coñecer a zona.


Calquera persoa que se anime a vir non ten mas que poñerse en contacto con nos para poder concretar horarios e demais temas.
A idea e de dormir en tenda de campaña xa na montaña para evitar as aglomeracións ou incluso o impedimento de subir.

Pois o dito, xa vos teremos informados.

Un saudo e a seguir pedaleando xentiña.


jueves, 21 de agosto de 2008

Joan Llaneras

Para ir estreando o blog do CC Meira (a falta de rematar o deseño e os contidos) imos facer unha pequena homenaxe a Joan Llaneras despois de acadar dúas medallas nos JJOO de Pekin.

Quizais sexa o deportista español que, polo momento, mais mérito teña nestes xogos, mais ca Nadal e Samuel Sanchez, que son mais novos, Joan ten 39 anos... por outro lado a medalla de plata conseguida con Toni Tauler ten un mérito angadido ó ser a primeira competición que facian xuntos, despois de quedar no camiño outras duas parellas, o malogrado Isaac Gálvez e Carlos Torrent, ademais Joan retirouxe xa da competición, renunciando a cobrar durante catro anos unha beca das mais importantes do deporte español (danse por resultados).


A súa nova forma de ver o ciclismo en pista, a súa maneira de leva-la bandeira española polos velódromos, o seu caracter amable e sobre todo os seus innumerables títulos europeos e mundias en Madison e Puntuación converteno no pistard español mais importante da historia e un novo mito do noso deporte.

jueves, 7 de agosto de 2008

En construcción...

Este blog estará dedicado ó Club Ciclista Meira, coa intención de dar información ós aficionados da zona, dar facilidades en forma de teléfonos e correos para quen queira unirse, e contar calquera historia relacionada co deporte das duas rodas, ó nivel que sexa, tanto do club, como recocorridos, membros, articulos sobre carreiras, crónicas, fotos de paisaxes visitadas... asi como dar información das honas nas que entrenamos e dos eventos nos que participamos.

Esperamos que o blog este en funcionamento a finais de agosto, polo de agora esta en construcción.

Gracias e un saúdo.