miércoles, 27 de mayo de 2009

GIJÓN 2009

Dous corredores máis e poderiamos ir ó tour de Francia jejeje.
O que si é verdade é que comezamos a temporada con forza,ilusión e motivación,presinto que este vai ser un ano con muitos triunfos para o club ciclista Meira!!
Bueno, comentar que foi unha xornada sin incidentes de ningún tipo e aunque o tempo ameazaba ser mui malo o final non houbo queixa e tan só barrallou un pouquiño.

martes, 26 de mayo de 2009

Marchas de carretera

A temporada de marchas de carretera comezou coa xa tradicional Marcha Ciclista Villa de Gijon, á que foron bastantes representantes do CC Meira (esperamos que Pedro se anime a contarnos un pouco como foi e poñer unha foto).

Quedan moitas marchas por diante, asique a seguir entrenando, ainda que un non poida falar por experiencia propia.

Por certo, podedes mandarme un mail si a alguén lle apetece poder escribir no blog, e xa lle envío unha invitación, cantos mais mellor. Por agora podemos: Luis, Pedro e mais eu, pero Pedro aínda non se animou a escribir nada.

Sen mais, ata a próxima entrada, que ten moitas posibibilidades de tratar do Giro de Italia.



PD: Vou deixar na marxe dereita un enlace ó calendario de marchas do CC Meira, para que poidades velo directamente.

Saúde!