sábado, 28 de agosto de 2010

VIII RUTA MONSEIVANE BTT

Os dejo toda la info que nos mandan los compañeros del Club Ciclista Villaba.Otra de las marchas imprescindibles del calendario btt Gallego.

VIII Ruta Serra do Xistral-Monseivane en BTT
10 de Outubro de 2010
Comarca da Terra Chá-Lugo

Anímate a participar nunha marcha cun novo percorrido, onde a Comarca da Terra Chá se che mostrará a través de camiños vellos, corredoiras estreitas, subidas intensas e baixadas rapidísimas. Redescubre a BTT na Terra Chá cun perfil máis esixente e técnico. Este ano renderémoslle homenaxe a Vicente, un dos fundadores desta marcha tristemente desaparecido.
Toda a información a continuación. PARTICIPA!!!!!

PROGRAMA E HORARIO

01. A "VIII Ruta Serra do Xistral-Monseivane en BTT " celebrarase o día 10 de Outubro de 2010.

02. A saída da marcha darase con puntualidade ás 9:00 horas dende o Pavillón Municipal de Vilalba situado no Campo da Feira.

03. Os participantes inscritos poderán recoller o dorsal tanto o sábado día 9 de outubro entre as 19:30 e as 22 horas coma o propio día da marcha entre as 7:30 e as 8:40 en dito pavillón.

04. A organización comprobará que cada participante leva o dorsal correspondente, a bici en perfecto estado e o casco homologado. Será motivo de expulsión e retirada de dorsal o incumprimento desta norma.

05. A chegada será no mesmo lugar da saída e o xantar será no restaurante A Nova Ruta sobre as 15:00 horas onde, ao finalizar, serán entregados diversos trofeos e agasallos.

PERCORRIDO

01. O percorrido irá neutralizado nos primeiros quilómetros e, despois, cada un/unha poderá ir ao seu ritmo ata chegar ao avituallamento situado no río Arnela onde degustaremos produtos típicos da Comarca da Terra Chá. Dende alí, ata a chegada, a marcha será de novo libre.

02. En todo momento deben seguirse as instrucións que a organización ou autoridades indiquen.

03. É aconsellable a utilización de dispositivos GPS e teléfono móbil. Tentaranse controlar os cruces máis perigosos.

04. Haberá alternativas de menor distancia ou dificultade polas que a organización poderá obrigar a ir en función da hora pola que os/as ciclistas pasen por determinados puntos.

05. Calquera posible perdida ou incidente no traxecto, deberá ser comunicado á organización, a través dos números de teléfono facilitados xunto co dorsal.

06. O tráfico rodado permanecerá aberto nas estradas e camiños polas que transcorre a marcha e é responsabilidade do participante observar as normas de circulación. Non respectar ditas normas podería implicar incorrer nas sancións establecidas polo Código de Circulación.

07. Queda totalmente prohibido arroxar lixo ao chan. Habilitaranse zonas para tal efecto. A organización expulsará a calquera participante que infrinxa esta norma, perdendo así a inscrición e todos o dereitos que esta marcha lle outorgue.

INSCRICIÓNS

01. O prazo para as inscricións comezará a partir do día 1 de Setembro de 2010, quedando pechado o día 8 de Outubro ás 12:00 horas ou no momento de chegar ao límite de ciclistas fixados.

02. O prezo para participar é de 15 euros (ciclistas federados/as) e de 8 euros máis para os non federados/as (que pagan a maiores a licenza por un día facilitada pola Federación Galega de Ciclismo).

03. A inscrición realizarase unicamente a través de Internet e para o pago poderase seguir calquera destes dous procesos:

4.1 Opción A: Pago online: www.ccvilalba-aspontes.com
4.2 Opción B: Ingresar o pagamento na seguinte conta do CC Vilalba-As Pontes: Caixanova 2080-0200-47-0000028336, indicando o NIF do participante na proba.
IMPORTANTE: Unha vez feito o pago, deberase aceptar o presente Regulamento e cubrir a ficha de inscrición que se pode atopar na web do clube www.ccvilalba-aspontes.com

04. Os/as participantes federados deberán presentar a licenza federativa e o DNI para retirar o dorsal. Os/as non federados o DNI.

05. Non poderá participar na proba ningunha persoa non inscrita ou que non acepte o Regulamento da mesma.

06. As inscricións de menores de 18 anos, deberán ser autorizadas por escrito polo pai, nai ou titor do ciclista. Aínda así non se aceptarán inscricións de menores de 15 anos.

07. A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou vítima algún dos/as participantes.

08. O/A participante asume toda a responsabilidade en posibles danos propios ou alleos que puidera ocasionar.

09. Información referente á proba ou consulta:
Na web: www.ccvilalba-aspontes.es
Mail: inscripcion@ccvilalba-aspontes.es
Tlfnos: 622292373 / 622392373

AGASALLOS

Aínda non sendo unha proba competitiva, faranse entrega de agasallos aos/ás participantes que cumpran as seguintes características:

ü Ciclista máis veterano.
ü Ciclista máis novo.
ü Clube máis numeroso (mínimo 3 ciclistas)
ü Clube de máis lonxe (mínimo 3 ciclistas)
ü …
Bolsa para os/as primeiros 250 participantes inscritos (MAILLOT CONMEMORATIVO, ETC.....)
Agasallo para todas as participantes femininas inscritas.
Sorpresas e sorteo de agasallos entre todos/as os/as participantes.

SERVIZOS

01. Dous avituallamentos, xantar no restaurante A Nova Ruta, agasallos, sorpresas...
02. Duchas (estarán situadas no pavillón municipal de Vilalba)
03. Servizo mecánico no percorrido (pezas a cargo dos ciclistas)
04. Seguro de responsabilidade civil e seguro deportivo para os ciclistas non federados, expedido pola Federación Galega de Ciclismo.
05. Vehículos autorizados de apoio, ambulancia e médico.
06. Servizo de lavado de bicicletas.
07. Actividades alternativas para os acompañantes.

(En caso de empate entre dous ou máis club para o trofeo ao clube máis numeroso, recibirá o premio o clube de máis lonxe de entre eles. No caso de empate para o trofeo do clube e máis lonxano, levará o premio aquel que aporte máis participantes á marcha).

lunes, 23 de agosto de 2010

IX Ruta RAPA DAS BESTAS


Se acaba el verano y vuelven a comenzar las rutas.
Sabado 12 Octubre 9:30 en A Estrada,una de las clasicas de las largas distancias,este año tres recorridos y tres dificultades.
Buena forma de ir metiendo km al cuerpo,que la temporada 2011 ya esta a la vuelta de la esquina.

domingo, 8 de agosto de 2010

SOLO UN VIDEO

Un video de un grupo de gente uniendo algo mas que puntos en un mapa.
De como como transformar un sueño y una ilusion en algo epico.

http://vimeo.com/10647514