miércoles, 23 de marzo de 2011

Licencias federativas e culottes de inverno


Bueno xentiña, xa podedes ir por xunto de Chuspi a recoller licencias federativas de 2011 e culottes longos, a min paréceme que o resultado é moi interesante, chamativo alómenos, e ademais deixamos zanxado xa o tema do deseño do culotte curto que será igual pero solo ata a franxa amarela.

Sei que chegan algo tarde, que o inverno está a piques de rematar pero bueno, que se lle vai facer, estreámolos en primavera que lucen mellor, asi que emprázovos a vilo lucir nas saídas de fin de semana do CCMeira, ¡¡que temos que adestrar que logo chegan as marchas!! mediados de Maio está ahí ó lado.

Nada máis, ata a proxima, queda pendente falar da foto oficial da temporada 2011 e tamen da cena anual do clube. Asuntos que trataremos neste próximo mes de Abril.

Saúdos!

PD: por certo este domingo cambian a hora (hai que adelantar unha hora) asi que dende que comece Abril os sabados e os domingos sen con feira sairemos ás 17h da tarde.

lunes, 21 de marzo de 2011

Vigo Bike Contest



Completo fin de semana de Btt en Vigo.
Descenso,rallye y pedalada.
Por alli estaremos.